Do 24 ao 26 de outubro en PONT-UP STORE en Pontevedra preséntase O.TENDAL, un servizo integral de marketing que nace dun proxecto de intercooperación no que cinco cooperativas unen a súa experiencia para planificar o lanzamento de empresas ou profesionais que están empezando, e tamén dos que queren empezar de novo. O seu tendal é unha estrutura ao mesmo tempo tradicional e contemporánea, próxima e internauta, pero sobre todo humana. Achégate a coñecelos/as e atrévete a facer unha diagnose da túa idea de negocio neste espazo acondicionado e decorado expresamente para albergar 40 propostas, tendas, ideas, emprendedores/as, soñadores/as… UBICACIÓN STAND: HORARIOS PONT-UP STORE: |
COMUNICACIÓN O TENDAL
www.otendal.es
O TENDAL SON AS COOPERATIVAS :
O CABLE INGLÉS, ÍTACA SOFTWARE LIBRE, MÁRKETING TANGIBLE, CIDADANÍA E XEDEGA
|