Con anterioridade víñamos informando sobre o Anteproxecto de Lei de Economía Social de Galicia, no que as asociacións de cooperativas Ugacota, Sinerxia, Ucetag ou Ugacomar, entre outras do sector, traballaron e canalizaron distintas alegacións ao texto normativo. Pois ben, o texto xa iniciou a súa tramitación parlamentaria, e prevese a aprobación desta Lei para finais do mes de Abril. A efectos informativos deixámosvos os seguintes documentos sobre este asunto:
Fai clic: Anteproxecto da Lei da Economía Social de Galicia
Fai clic: Calendario de tramitación do proxecto de Lei de Economía Social de Galicia
O proxecto de lei ten entre os seus obxectivos principais os de poñer en valor o sector da economía social, dotalo de relevancia polas súas achegas á sociedade e impulsar a súa capacidade de xerar un modelo de desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentable. Busca considerala como un actor fundamental no desenvolvemento da sociedade actual que contribúe a un modelo económico sostible no que as persoas son máis importantes que o capital.
Destaca na Lei, por exemplo, a incorporación dalgunhas modificacións da Lei de Cooperativas de Galicia, como a creación das cooperativas xuvenís, ou suliñar que para as propias asociacións de cooperativas tamén é moi relevante a súa aprobación, porque a entrada en vigor dará ” luz verde” á formalización da integración das entidades: Ugacota, Sinerxia, Ugacomar e Ucetag, un proceso que se ven impulsando nos últimos tempos, co obxeto de crear unha nova entidade multiclase que permitirá aglutinar a diversidade cooperativa, os equipos de traballo, aumentar a dimensión representativa, ou mellorar en eficiencia e colaboración.