REAS Galicia celebrou o pasado sábado 23 de xaneiro en Ordes o I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que baixo o lema: Intercooperar !!  conseguiu darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector, creando ou revitalizando espazos de intercooperación.

Participaron máis de 100 persoas pertencentes ou interesadas na economía alternativa e solidaria galega. O encontro tivo lugar na Praza de Abastos de Ordes nun ambiente informal e cheo de bos momentos como o fin de festa a cargo do grupo La brizna de paja.

Presentamos unha mostra gráfica do encontro :

O pase de diapositivas require JavaScript.

REAS GALICIA agradece a tod@s a colaboración e a participación nesta iniciativa, por facer deste encontro un lugar para a cooperación e un camiño para seguir avanzando na economía alternativa e solidaria.

Participaron entre outras:

Som Energia, La Canalla, A Estruga Espazo Agroecolóxico, Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, Cooperativa Ribeira do Navia, Casa turística A Palleira de Tronceda, Bico de Grao Cooperativa, Cestola na Cachola, Xeira Consultora S. Coop. Galega, Proxecto Integral Compostela – PIC, Feitoría Verde, ODS Coia, Federación de Cooperativas Sinerxia, AIS O Peto ou Rede SAL,  The foum monster, Senda nova, Catro ventos, Zocamiñoca, A Gavela, Cidadanía, Cousas da Terra, Outra forma de vivenda …

O Encontro desenvolveu distintas actividades, como :

  • “Pequenos Stands Informativos” (no que participarán as distintas entidades participantes).
  •  “ReAScuncho” micropresentacións de experiencias (no que ofertar, demandar, dar e recibir).
  • Facer contactos nas Mesas de traballo 

PROGRAMA