O Congreso celébrase do 10 ao 12 de novembro en Bilbao, reúne a organizacións sociais, administracións, empresas, emprendedores/as e consumidores/as comprometidos/as para poñer en común experiencias ao redor da economía social e solidaria e dialogar sobre as súas posibilidades de futuro.

Baixo o lema “Despregar a Economía Solidaria. ¡É hora de transformar a economía!”, o encontro pretende achegar modelos económicos máis éticos a unha poboación que busca alternativas reais ao sistema capitalista.  O congreso será tamén un evento clave para o fortalecemento das redes de economía social e solidaria xa existentes, así como para a creación de novas alianzas.

Seis eixos temáticos principais e transversais buscan abordar de forma integrada e amplia os temas principais que ocupan a práctica e a teoría da economía solidaria:

  1. Economía inclusiva e democrática.
  2. A Economía será solidaria se é feminista.
  3. Desbordando potencias e límites. Creación, desenvolvemento e transformación do tecido produtivo da Economía Social e Solidaria.
  4. Bens Comúns e Economía Social e Solidaria.
  5. Agregación cidadana e Economía Solidaria: estruturas cooperativas amplias na construción da ESS.
  6. Transicións hacia unhas novas economías nun mundo sostible.

Dende Galicia participará no Congreso a cooperativa Cidadanía, que ademais estivo colaborando na organización dun dos eixos temáticos do encontro, Eixo 3: Desbordando potencias e límites. Pensan que ” o tecido produtivo da Economía Social e Solidaria experimentou un gran desenvolvemento nos últimos anos e que é necesario dar un salto cualitativo e cuantitativo, que sirva para consolidar o seu avance e ampliar a súa incidencia, abríndonos de maneira efectiva cara a sociedade en xeral”.

Os eixos desplegaranse a través de diferentes tipos de actividades pensadas para públicos e niveis de profundización diversos. Desta manera preténdese xerar diferentes itinerarios de experimentación do Congreso en función dos intereses, as inquietudes e os coñecementos das persoas que asisten.

UN CONGRESO PARA O ENCONTRO (E O DESPREGUE)

Todo o Congreso está organizado co ánimo de que sexa un gran encontro da xente que traballa no ámbito das alternativas económicas. Sen embargo, pareceulles oportuno adicar espazos especiais para coñecerse, intercambiar e, se é posible, abrir posibilidades para despregar proxectos de colaboración:

Espazo Meeting (venres 11 ás 12.00 h.)

Diálogos (sábado 12 ás 10:00 h.)

Espazo aberto para dialogar sobre algunhas temáticas que específicamente non se tratan nos eixos temáticos, pero que son de importancia pola súa actualidade  ou pola súa importancia para as redes de economía social e solidaria. Simultaneamente desenvolveranse os seguintes:

1. Municipalismo e economía social e solidaria.

2. Compra pública responsable e comercio xusto.

3. Investigación e formación en economía social e solidaria.

4. Estratexias de intervención no desenvolvemento local.

5. Economía solidaria e soberanía alimentaria.

6. Comunicación e economía social e solidaria.

ESSkutxa (sábado 12 ás 12:00 h.)

Do conxunto de experiencias que se exporán no hall do edificio que alberga o Congreso, seleccionaranse 10 que polo seu carácter innovador, por considerarse unha boa práctica replicable ou porque representan a idea central de despregue, serán presentadas nun plenario a tódalas persoas participantes.

Páxina Web do Congreso : aquí