Na edición 2015 da Feira Culturgal, o cooperativismo do ámbito cultural terá espazo propio a través do Consello Galego de Cooperativas (Cogaco). Daranse cita no expositor conxunto do Cogaco un grupo de cooperativas, para amosar e promocionar a súa actividade, cos eixos comúns do cooperativismo e a cultura, dando así visibilidade a distintas iniciativas culturais, que elixiron a vía cooperativa para materializar e levar adiante os seus proxectos a través doutro modo de facer e entender a empresa, apostando pola economía social.
Entre elas estarán, Cestola na Cachola, O Cable Inglés, 7 h, Urdime, Pegadas, Rexenerando, Culturactiva, Xeitura, Maos ou Trespés, serán unha excelente representación do bo facer do mundo cultural cooperativo. Todas ademais forman parte de Ugacota.
Ademais dos expositores a Feira ofrece unha programación moi activa, polo que poderedes disfrutar de diversas actividades ofrecidas tamén polas cooperativas, como por exemplo :
- Exposicion de pintura “Mulleres con Cesta”, de Cestola na Cachola
- Proxección do documental “En Todas as Mans”, de Trespés
- Concerto de Coanhadeira, de Culturactiva
- Etc.
Consulta a web da Feira e a Programación aquí
Culturgal celébrase os días 4, 5, e 6 de decembro de 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, o mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais. Unha oitava edición do Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación…Tres días de referencia para todas as persoas que fan parte diaria da actividade cultural en Galicia e grazas ás que a Feira reborda de contidos, entusiasmo e orgullo colectivo.
FONTE: http://culturgal.com/