NUMAX presenta a Ugacota e ás cooperativas socias unha oferta de publicidade na que axiña será a súa pantalla de cinema.
Basicamente consiste en clips de entre 20 e 30 segundos que se proxectarían antes de cada pase da sala de cinema, a razón de cinco proxeccións diarias (unha de mañá e catro de tarde) de martes a domingo. En caso de precisalo tamén poderían realizar eles/as esa peza promocional, no dossier non está tarifada e habería que acordalo por separado en función do que se requira.
Fai clic : Dossier NUMAX, oferta de publicidade en pantalla
Numax, en primeira instancia, desexa anunciar proxectos que consideran afíns ao seu e que, por tanto, coidan que merecen difusión e apoio. Polo que a tarifa é bastante asequible comparada coa publicidade en xornais, e pensan que o seu público, en xeral, pode ser un consumidor-a consciente ao que lle interese coñecer a existencia das diversas cooperativas galegas.