Novas cooperativas socias!



Presentamos a un grupo de cooperativas, novas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

 

 

ESMUVIGO


ESMUVIGO | Escola Municipal de Música de Vigo.

A cooperativa Esmuvigo xestiona a escola municipal de música de Vigo e imparten a formación musical do centro.

Ademais, organizan iniciativas culturais, cursos, conferencias ou premios con contido musical, e producen material educativo.

Está integrada por 14 persoas socias, que conforman o equipo directivo e docente da Escola.

O Plan de Estudos abrangue:

  • Música e movemento (ata sete anos de idade).
  • Práctica instrumental (a partir de oito anos de idade).

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace


• MUNDO TECNOLÓXICO DIGITAL •


MUNDO TECNOLÓGICO DIGITAL | Realizan actividades de programación informática.

Mundo Tecnolóxico Digital, ofrece un servizo técnico en novas tecnoloxías no mundo rural. Ademais de diversas actividades de dixitalización e implantación de novas tecnoloxías, tanto para empresas como para particulares.

  • Implantación de novas tecnoloxías (Internet das cousas, Sistemas de control telemétrico)
  • Dixitalización de procesos (Produción, Facturación, Relación con clientela e provedoras, procesos telemáticos coas administracións)
  • Servizo e soporte técnico informático (Ordenadores, Teléfonos Móbiles, Tabletas, redes de ordeadores)
  • Actividades de formación moi específicas relacionadas coas novas tecnoloxías (Implantación de ERPs, de sistemas de xestión documental, procesos telemáticos coas administracións)

Curtis (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado


EDUCALECRÍN


EDUCALECRÍN | Educación social e medioambiental.

Obradoiros, charlas, campamentos, roteiros medioambientais, ecoauditorías, aulas da natureza, ou actividades extraescolares en temáticas como a: equidade de xénero, relacións saudables, diversidade, comunicación non violenta, intelixencia emocional, conservación de ecosistemas, ou fomento da lectura, entre outros.

Lalín (Pontevedra) | Cooperativa xuvenil | Web: neste enlace


A TALANGREIRA DO BEQUE


A Talangreira do Beque | Complexo deportivo.

Servizos de bar, albergue, alugueiro de pistas deportivas e organización de actividades e eventos nas instalacións do Beque en Moaña.

Moaña (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado


SKEIRRUM


SKEIRRUM | Servizos de formación e educación.

  • Realización de actividades lúdico educativas, dixitais e analóxicas para a divulgación de coñecemento.
  • Deseño de actividades de ocio e entretenemento ao aire libre ou en espacios grandes enfocada ao fomento do turismo activo e para pór en valor o patrimonio cultural, histórico e natural do territorio no que se realice.

A Guarda (Pontevedra) | Cooperativa xuvenil | Web: neste enlace


ALALÁ


ALALÁ | Educación social e medioambiental.

Alalá é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro. Os seus pilares de actuación son a educación social, a educación ambiental e a perspectiva de xénero.

Realizan servizos de formación, campamentos, talleres e obradoiros relacionados co coidado da natureza, igualdade de xénero e feminismo destinados a toda a comunidade, administración pública e centros educativos.

Móvelles a ética dos coidados, os feminismos e a interseccionalidade, a sensibilización e concienciación ambiental, a intercooperación, a economía social, o consumo consciente e o respecto pola vida.

A Guarda (Pontevedra) | Cooperativa xuvenil.


MDMARES


MDMARES | Tenda de agasallos e souvenirs.

A Tenda de agasallos Mdmares ofrece produtos de marroquinería, bisutería, xoias, complementos, roupa, libros (infantís, xuvenís, educativos, manga, etc.), xogos e xoguetes cubrindo todas as idades.

A oferta de souvenirs da Tenda está dirixida ó turismo que recibe a localidade de Cedeira en épocas vacionais.

Tenda física en Cedeira e Tenda Online.

Cedeira (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace



FLYING FUN

FLYING FUN | Academia de inglés.

Proxectos educativos para nenas, nenos e persoas adultas para a aprendizaxe do idioma inglés dun xeito creativo.

Flying Fun combina a aprendizaxe do inglés con outras habilidades, coñecementos e valores. Está formado por un equipo multidisciplinar no eido das artes, a psicoloxía, a filoloxía e a educación.

O seu centro de traballo está en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace



 

Grazas por sumarte, somos a maior rede de cooperativas en Galicia.

Que podemos facer por ti?, fai click Asóciate!