Damos a benvida ás asociadas que, no que vai de ano, integráronse en Ugacota.

Son 6 novas cooperativas de traballo adicadas a diversas actividades. Actualmente Ugacota está formada por 149 cooperativas de traballo. A seguir vos presentamos as novas socias:

 

Algueirada S. Coop. Galega, de Arteixo (A Coruña). Actividade: Xestión cultural na Rede. Produción de contidos dixitais. Creación e mantemento de páxinas web.Xestión de comunidades virtuais. Edición e divulgación de contidos culturais en publicacións electrónicas e papel. Consultoría dixital, creación e comercialización de produtos e actividades artísticas e artesanais. Web: http://algueirada.com.

Inde Profesional S. Coop. Galega, de Lugo. Actividade: Enxeñería industrial. Asesoría contable, fiscal, laboral e xurídica.

Rois Xardíns S. Coop. Galega, de Rois (A Coruña). Actividade: Creación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Desbroces e podas. Venda e aplicaciòn de produtos fitosanitarios. Venda de pensos, sustratos, abonos, plantas, ramos, flores,etc.

Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega, de Santiago (A Coruña). Actividade: Actividades de I+ D orientadas ao control industrial e eficiencia. Servizos de enxeñería electrónica e Oficina Técnica de Telecomunicacións. Web: http://www.strelia.pro.

Emeceuve Consultores, S. Coop Galega, de Vigo (Pontevedra). Actividade: Asesoría fiscal, contable e laboral. Web: www.emeceuveconsultores.com.

7 H, S. Coop Galega, de Santiago de Compostela (A Coruña). Actividade: Xestión cultural sen ánimo de lucro. Web: www.7hcoop.es.

Fai clic en : ASOCIARSE, se eres unha cooperativa de traballo galega e estás interesada en asociarte.