Para este mes de outubro, o Centro Demostrador TIC de Galicia, situado en Santiago de Compostela, ten programadas dúas actividades que poden ser de interese para vós:
Sesión “Aplicación da Gamificación na empresa: motivación e produtividade”
Lugar: CDTIC, Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia:Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo, 15702 – Santiago de Compostela
Teléfono: 881 995 200
Data: xoves 2 de outubro,
Horario: de 10:00 a 14:00hs
Inscrición: cdtic@xunta.es
O actual interese ao redor da gamificación aplicada á empresa está a xerar unha enorme expectación en todas partes. Aínda que como concepto é relativamente novo, xa hai tempo que o xogo se abre camiño en grandes e pequenas entidades co obxectivo de mellorar a captación ou fidelización de clientes, reducir os custos ou incrementar a motivación de empregadas e empregados.
Na xornada trataremos os beneficios que achega a gamificación como estratexia, metodoloxía e técnica, na súa versión analóxica e tecnolóxica, así como a súa implantación efectiva, todo iso exemplificado con casos de éxito.
A sesión será retransmitida por streaming (unha tecnoloxía que permite acceder ao evento en directo e seguilo, dende o ordeador, tablet …).
+ info: https://cdtic.xunta.es/gamificacion
Sesión “Software libre e licenciamento”
Lugar: CDTIC, Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia:Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo, 15702 – Santiago de Compostela
Teléfono: 881 995 200
Data: 9 Outubro 2014 – 10 Outubro 2014
Horario: De 16:00h a 20:00h
Inscrición: cdtic@xunta.es
Os directivos, responsables ou técnicos das empresas TIC adquirirán unha visión práctica sobre a liberación de software. Aprenderán a dar resposta ás principais preguntas ás que se enfronta quen se achega por primeira vez ao software libre: Por que debo liberar o meu software? Como facelo correctamente? Quen me pode axudar? Cando e onde debo liberalo? E o máis importante para unha empresa, podo obter negocio e beneficio co software libre?.
+ info: https://cdtic.xunta.es/licenciamento