– O ritmo das recolocacións reafirma o firme compromiso das cooperativas co emprego.

– A maioría das reubicacións centráronse nas áreas da Industria e da Distribución, que supuseron a implicación de 55 cooperativas.

– Trabállase intensamente en tres liñas de actuación: recolocacións noutras cooperativas, prexubilacións e plan de formación para facilitar a empregabilidade .

Mondragón, 26 de marzo de 2014.–  O compromiso das cooperativas co emprego queda reflectido nas 857 recolocacións de socios (as) pechadas en tan só catro meses (entre outubro e febreiro), pese á difícil coxuntura económica.

Estas magnitudes son fiel reflexo da solidaridade e especialmente, do esforzo realizado polas cooperativas receptoras, que ao igual que no pasado son as auténticas protagonistas para crear solucións reais para o emprego. A maioría das reubicacións centráronse nas áreas de Industria e de Distribución, seguida da de Finanzas e supuxeron a implicación de 55 cooperativas.

Ademáis, co fin de que o colectivo de socios (as) poida avanzar na súa cualificación profesional e na reinserción laboral, estase a diseñar un Plan de Formación dirixido aos socios (as) excedentes.

Prioridade: o emprego

A liña prioritaria de actuación das cooperativas é a búsqueda de solucións para os excedentes de emprego, e para logralo trabállase en tres vías de actuación: recolocacións, prexubilacións e un programa de Formación para favorecer a empregabilidade do colectivo afectado.

A rapidez na adopción de medidas permitiu que, desde o mes de outubro ata finais de febreiro, o número de reubicacións ascendera a 857 -o 59% homes e o 41% mulleres-. O número de cooperativas receptoras de socios (as) excedentes ascende a 55, o que pon de manifiesto o compromiso de todas elas para ofrecer solucións ao emprego . Ademais, as recolocacións efectuadas ata a data realizáronse mantendo nunha porcentaxe elevada (que chega ao 50%) os contratos a traballadores eventuais.

Ao mesmo tempo, e dende o punto de vista de impulsar solucións ao colectivo en desemprego, hai que engadir outras 200 previstas no curto prazo, pola vía das prexubilacións.

Formación para socios (os) excedentes

En colaboración con outros axentes institucionais trabállase intensamente na posta en marcha dun Plan de Formación para socios (as) excedentes cun dobre obxetivo: facilitar as reubicacións adecuando os perfís profesionais á demanda e elevar a cualificación profesional a través dunha titulación oficial.

Estímase que ao redor de 200 persoas poden participar nas actividades formativas propostas e desta maneira impulsar a consolidación das reubicacións e elevar o nivel de empregabilidade dos socios (as) .

As cooperativas reafirman a súa plena confianza no modelo cooperativo, no que valores como a solidaridade, a participación e a intercooperación son elementos diferenciadores que permiten actuar de forma eficiente e inmediata na búsqueda de solucións compartidas para o colectivo de desempregados.

Arrasate, 26 marzo de 2014

www.mondragon-corporation.com