As cooperativas Feitoría Verde e Maos Innovación Social levan adiante un proxecto para o estudo, análise e posta en valor do patrimonio material e inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Presentámosvos a rede social facebook na que están amosando non só os traballos que están a facer, os resultados e as novas, senón tamén a ilusión coa que afrontan este proxecto :

Patrimonio do Xurés : https://www.facebook.com/patrimoniodoxures/

 

Maos e Feitoría Verde formaron unha alianza empresarial (UTE) para candidatarse e acadar o acceso a traballar neste proxecto da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas – Xunta de Galicia, xuntas e intercooperando acadaron a adxudicación desta contratación pública.