Lusco e Fusco abren o prazo para matricularse no seu espazo infantil ata o 15 de marzo .

Ademais o luns 10 de marzo pola tarde farán portas abertas para os que queirades pasar a coñecer o proxecto de 14:30 a 19:30.

Lusco e Fusco están en Teo, e son un novo concepto de espazo infantil no que guían a nenos e nenas no desenvolvemento das súas competencias cognitivas, motoras, emocionais, afectivas, interpersonais e intrapersonais a través do xogo, a convivencia e a experiencia. Todo elo, nun ambiente familiar cuidadosamente preparado, situado nun Entorno Natural. Inspíranse en filosofías como as de Montessori, Pestalozzi, Waldorf, Malaguzzi….

¿Que fan ?

– Polas mañás o espazo está adicado e preparado para os e as máis pequenos-as (2 a 6 anos) : “Crecemos xuntos”

– Polas tardes hai actividades baseadas en diferentes temáticas: reciclaxe, ciencia, horticultura, cociña, teatro, música,…: “ Tardes con Luscofusco ”

– Tamén hai actividades puntuais coas familias: horticultura ecolóxica, ioga, roteiros de senderismo, …

– ” Ludicampamentos “: favorecen a conciliación familiar en épocas vacacionais.    

¿Como o conseguen ?

A través dunha metodoloxía lúdica, onde espazos, materiais, tempos e grupo son empregados para favoren o xogo entendido como xeito de desenvolvemento persoal e grupal. As actividades son planificadas en función do interese e as motivacións das nenas e dos nenos empregando o xogo como eixe metodolóxico. Respetando os principios fundamentais do amor, liberdade, autonomía, independencia, iniciativa, capacidade de elección e desenvolvemento da vontade. No desenvolvemento das súas actividades terán gran importancia a colaboración das familias. É importante que exista un diálogo fluído para que participen e se impliquen activamente na medida en que consideren posible.

Telf. e email de contacto : 610848159 – 981 809 105 – luscofuscoespacioinfantil@gmail.com

Lusco e Fusco en facebook, preme aquí