Facémonos eco desta iniciativa na comunidade catalana, trátase da IV Feira de Economía Solidaria, que volverá a ter unha nutrida e importante presenza de cooperativas e empresas de economía social e solidaria. Realízase os días 23, 24 e 25 de outubre en Barcelona co lema “Reapropiándonos da vida” e consolídase como unha interesante cita e un referente que, nesta edición, contará con casi 200 empresas e entidades do sector, un espazo que o ano 2014 foi visitado por cerca de 17.000 persoas.

A iniciativa pretende visibilizar alternativas económicas aos modelos imperantes, amosar outros modelos económicos que xeneran gran impacto social.

Será unha feira plena de actividades e de expositores que está organizada por XES a Rede de Economía Solidaria de Cataluña, en colaboración co movemento cooperativo catalán, entre outras entidades, e co soporte do Ayuntament de Barcelona.

Se non podedes asistir, podedes seguila a través da súa web: http://www.firaesc.org e na redes: https://www.facebook.com/xarxaeconomiasolidaria.

12065775_1215706375113049_3170093460599159911_n