Un ano máis, a Secretaría Xeral de Emprego promove a participación da Economía Social de Galicia na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL, que terá lugar, na súa XI Edición, entre o 30 de novembro e o 2 de decembro de 2018 no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Para facilitar a presenza da economía social neste evento, a Secretaría invita ás cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción e outras entidades que forman parte deste colectivo, a que participen a través do stand conxunto que pon á súa disposición. Nel terán a posibilidade de expoñer os seus produtos ou servizos, celebrar reunións de traballo, actividades de difusión ou promocionais e, como non, acadar alianzas e colaboracións cos outros co-expositores.
A participación no stand é compartida e libre de custos para as entidades, correndo só ao seu cargo os materiais propios para a exposición e o persoal de atención preciso para realizar as actividades ou atender o espazo de venta se o tivesen.
Prégase que se comunique o interese en participar mediante a ficha deste enlace, enviándoa ao email economiasocial.emprego@xunta.gal antes do 5 de novembro para poder comezar a coordinar a participación o antes posible.
Subdirección Xeral de Economía Social
Secretaría Xeral de Emprego
Edif. Admvo. San Lázaro, s/n.
15781 Santiago de Compostela