Dende Ugacota presentámoslle a seguinte iniciativa, que pode ser do interese dalgunhas cooperativas de traballo, é unha oferta que contribuirá a dar visibilidade e difundir o seu produto e o seu traballo.
Trátase da revista dixital (e revista impresa) BenBo, de comunicación gastronómica . Unha plataforma ao seu servizo para dar voz constante, entre outros, ao producto agroalimentario cooperativo, outros produtos gastronómicos e alimentarios cooperativos, e ás distintas iniciativas ao redor del .
BenBo reuníuse coa Subdirección de Cooperativas e Economía Social, con Ugacota, e Agaca, co fin de presentar a súa proposta e ofrecer cobertura informativa ás cooperativas que teñades que ver con este ámbito gastronómico e alimentario , e coa liña de contidos da revista. Chegou a un acordo coa Subdirección para ter espazo na web ata decembro.
Contacte con Ugacota se ten interese en que se publique información da súa cooperativa a través desta iniciativa, nuria@ugacota.org – telf. 986 13 65 92
– Acceda aquí á Presentación de BenBo
Aproveite esta oportunidade!