O programa ICoopera presentou o seu Informe Resumo de Actuacións na xornada fin de programa do 25 de febreiro de 2016. ICoopera é un programa de promoción do cooperativismo galego mediante o impulso da I+D+i e a utilización das TIC.
Neste informe amosan os principais resultados do programa icoopera con detalle das súas actuacións nas diferentes liñas de traballo:
- Divulgación, formación, dinamización e asesoramento permanente
- Apoio singularizado ao desenvolvemento de programas de inmersión das cooperativas galegas nas TIC
- Plataforma web de innovación e TIC
- Estudos e publicacións en materia de I+D+i e TIC
DESCARGA O INFORME RESUMO DE ACTUACIÓNS