A Rede Galega contra a Pobreza – EAPN convídanos ao III Foro que baixo o lema  “Un investimento, non un gasto” organiza xunto á Coordinadora Galega de ONGD e o CERMI Galicia os vindeiros 3 e 4 de outubro na Escola Galega de Admón Pública (EGAP) en Santiago de Compostela co apoio do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia (a través das D.X.de Xuventude e Voluntariado e de Familia en Inclusión)

 

Este III Foro pretende continuar a ambición e o traballo das anteriores edicións e contribuir a situa-la realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática e visibiliza-la importancia que o Terceiro Sector de Acción Social e o Voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social.

 

Ante o avance da desigualdade e a exclusión, preténdese tratar o concepto de pobreza eliminando fronteiras, ainda que o groso sexa para analizar a realidade galega ou española. O Foro non pretende ser un encontro pechado as federacións organizadoras, senón que se abre a expertos de entidades sociais, colexios e asociacións profesionais, Universidade, ou de representantes da Xunta de Galicia no eido dos servizos sociais e a inclusión activa.

 

Neste III Foro traballarase en base a tres prioridades:

  • ·         Debatir os retos que temos todos os actores implicados na loita pola inclusión social, máxime cando está a punto de aprobarse a nova Lei de Inclusión: as medidas de emerxencia como medio e non como fin, o avance do asistencialismo ou o papel das organizacións do Terceiro Sector na prestación de servizos públicos…
  • ·         Analizar a situación do Terceiro Sector como actor social cara dentro e cara fora, analizando os problemas e retos que nos afectan, a urxencia de resolvelos e a xeración de propostas útiles.
  • ·         Identificar alternativas, tanto no eido de organización interna, nas posibilidades de crear empresas dende organizacións sociais, e nas alternativas para outra economía.

Dende a AEPN  convídannos asistir ao Foro, as inscricións pódense facer neste enlace:

 

O custe xeral da matrícula é de 15€., Estudantes ou personas en situación de desemprego 10€ e Gratis para persoas voluntarias ou profesionais das entidades membro de EAPN Galicia, CERMI ou Coordinadora ONGD.

 

Para calquera dúbida, escribir a info@eapn-galicia.com