III Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia:

Por terceiro ano, REAS Galicia organiza un encontro para difundir a Economía Social e Solidaria (ESS) o sábado 7 de abril de 2018 en Lugo.

O Encontro vaise realizar no edificio do Mercado Quiroga Ballesteros de Lugo. Durante a mañá no propio mercado, para o xantar nos soportais e rematerán a xornada no Centro Social Uxío Novoneyra (no primeiro andar do mesmo edificio).

 

Este vai ser o Programa do evento:

11.00 – 12.15 – Enredadas. Debate sobre a interacción da Economía Alternativa e Solidaria con outros movementos transversais: feminismo, ecoloxismo, defensa do rural e ONG.
12.15 – 12.30 – Pausa
12.30 – 14.00 – REAScunchiño. Micropresentacións de 5 minutos de proxectos da economía social da provincia de Lugo.
14.00 – 16.30 – Xantar. Podes traer algo para compartir ou mercar o catering que van preparar as compañeiras de Ecoxantar.
16.30 – 18.00 – Debuxando espazos futuros. Obradoiro no que avanzaremos nas liñas proxectadas no debate da mañá.
18.00 – 18.30 – Peche.

Durante a mañá (11 a 14 horas) haberá un pequeno mercado con postos de entidades da ESS galega. Tamén haberá a dispor un espazo para as crianzas.

Para facilitar a organización, podedes inscribirvos no seguinte formulario (a participación é gratuíta): aquí

Páxina do evento na rede: aquí

* A Unión de Cooperativas EspazoCoop forma parte de REAS GALICIA.