O 28 de novembro á partir das 9:30 h no CERSIA as persoas asistentes ao II FORO DE ECONOMÍA SOCIAL do Concello de Santiago, poderán coñecer e compartir as experiencias de cooperativas como a compostelá Numax, Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Audiovisual; Feitoría Verde, EntrePedras ou 7h. Tamén terán presencia as empresas de inserción laboral a través de Anaco, os proxectos de colaboración entre cooperativas : ‘Economía Social Creativa’, a través da cooperativa O Cable Inglés, ou ‘Ben Mercado’, a través da cooperativa Cidadanía), e contarán tamén coas asociacións que as representan, participando a Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).

O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo encádranse dentro do programa Compostela Móvese 2017 de dinamización económica e na colaboración que o Concello de Santiago establece coa Rede Eusumo impulsada pola Xunta para o fomento e o desenvolvemento da economía social en Galicia. Está dirixido a persoas interesadas no desenvolvemento da economía social e no mundo do cooperativismo.

No seguinte enlace da web do Concello de Santiago tedes toda a programación detallada do II Foro de Economía Social do Concello de Santiago: Aquí.

O panel de experiencias deste ano amosa o potencial da economía social e colaborativa en sectores moi diversos con experiencias que resultarán próximas ás persoas asistentes, nos sectores audiovisual, medioambiental, hostaleiro, ou cultural. Máis información.

 

Para complementar o panel de experiencias, pola tarde de 16 a 18 h., organizamos un Obradoiro en colaboración con AESGAL para aquelas persoas que queiran explorar un pouco máis as posibilidades da economía social no seu proxecto de negocio. Podedes ver a información aquí: Obradoiro A Economía Social: fórmulas de emprendemento colectivo.

Podedes seguir as redes sociais do CERSIA en twitter e facebook que contan con contidos deste Foro: facebook CERSIA – @CERSIAEmpresa –www.cersiaempresa.gal

Fai clic: Carta de invitación de Concha Fernández – Concelleira Responsable de Economía Social