A Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS Galicia) convocou o II Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que se celebrará o sábado 22 de abril na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra- A Coruña). Ten por finalidade darlle visibilidade ao sector e coñecer directamente ás persoas que forman parte del, creando ou revitalizando espazos de intercooperación.
Ao longo do día poderase saber máis de REAS Galicia (que fai e quen son), coñecer, compartir e cooperar con outras entidades de economía social, participar nas mesas de traballo sobre Auditoría Social ou na de “Outra economía, outra organización dos coidados” e poderase pasear polo mercadiño cos produtos das entidades de economía alternativa e solidaria. Para aproveitar ao máximo o tempo de encontro e reflexión, habilitarase un espazo na Casa da Cultura para un xantar compartido.
O programa do encontro é:
11.00 Presentación de REAS Galicia
11.30 ReasCunchiño (Zona de exposición pública de proxectos, cun límite de 5 minutos por entidade)
14.00 Xantar
16.00 Mesas de traballo
Auditoría Social (Dinamizado por REAS Aragón)
Outra economía, outra organización dos coidados (Dinamizado por Mari Fidalgo)
18.00 Peche – Proxección de curta sorpresa
O evento é gratuíto, pero polo aforo limitado darase prioridade ás entidades inscritas, o prazo para facelo remata o 15 de abril.
Inscríbete aquí: Formulario, para máis información en secretariareasgz@gmail.com.
Se non sabes como chegar á Casa da Cultura de Ribadulla, estas son as súas coordenadas (42.773908, -8.425707) ou pincha aquí para velo no Google maps: https://goo.gl/maps/CasaCulturaRibadulla.
Esta actividade e invitación de REAS pretende chegar a tódalas iniciativas galegas que contribúen a promover outro tipo de economía.