O I Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na Adversidade celébrase por primeira vez en Santiago o xoves 15 de decembro no Cersia, dado o interese que ten o Concello de Santiago por estimular a promoción económica centrada nas persoas como motores de cambio, e na responsabilidade empresarial como factor clave do emprendemento sostible.

Charlas, dinámicas e actividades onde se combinan experiencias reais con dinámicas grupais que axuden a superar a negatividade, afrontar retos e establecer redes de colaboración.

Neste foro tamén queren coñecer e recoñecer o traballo de empresas con valores sostibles, igualitarios e solidarios.

O foro ten polo tanto varias vertentes complementarias entre si :

A economía centrada nas persoas. Autoestima e motivación persoal e profesional

A autoanálise permite identificar habilidades e talentos que permitan recuperar a autoestima persoal e profesional. Programas como Aposta por ti, ou o Proxecto Colabora no marco do Compostela móvese, pensan que promoven a recuperación da autoestima e motivación como motor de cambio que parte de un mesmo, tanto á hora de buscar traballo por conta allea, como para emprender por conta propia.

A resiliencia empresarial e a crise para transformar. Charlas inspiradras

Coñecedoras dunha situación percibida como adversa para emprender, no foro queren presentar un cambio de enfoque, de forma que unha época de crise económica poda ser percibida como época de cambio de modelo económico e, polo tanto, de oportunidades para emprender. Neste caso, contarán coa experiencia de tres persoas emprendedoras con perfiles moi distintos, que foron capaces de superar fracasos e adaptarse aos cambios dunha nova situación na que emprender con conciencia e valores como clave do éxito.

Nestas charlas participarán:

  • Jesús Illán, de Volta ó sacho: un emprendedor de Outeiro de Rei ao que a crise obrigou a pechar unha empresa de 54 persoas empregadas pola falta de flexibilidade bancaria, polo que tivo que reinventarse a si mesmo. Hoxe en día ten unha empresa de agricultura ecolóxica, polo que a súa experiencia é un bo exemplo de resiliencia emprendedora.
  • Idoia Cuesta: Nada no País Vasco e afincada en Lugo, Idoia   Cuesta é unha creadora téxtilque combina mestría, tradición e experimentación, para levar a Cestería a novos escenarios. Este camiño creativo está cheo de colaboración, tanto de forma individual, como colectiva, para ir tecendo unha rede de proxectos nos que dar saída ás súas creacións e lidiar coa crise que se viven en xeral e, en particular, na súa actividade.
  • Muuhlloa: É o proxecto nado da colaboración entre Granxa Maruxa e a cooperativa Milhulloa para sacar unha liña de cosmética elaborada a partir dos seus produtos: o leite e os aceites esenciais. Para lograr este obxectivo, as emprendedoras tiveron que percorrer un longo camiño que contarán neste foro, ademais de como xurdiu a idea de fusionar os seus produtos en algo totalmente diferente ao que comercializa cada empresa.

A economía social

A Economía Social no marco deste foro non só estará centrada nas formas xurídicas de empresas, senón que o enfoque é moito máis amplo. O foro quere ir máis alá falando da necesidade de colaborar, aproveitar as sinerxias entre empresas ou sumar esforzos para crear redes de traballo que permitan desenvolver proxectos conxuntos. Ao igual que están facendo no marco do Compostela móvese, cos Adestramentos colaborativos que buscan establecer esas alianzas entre persoas que podan derivar no deseño e implantación de proxectos en rede co apoio do concello de Santiago.

Contarán coa ponencia de Coop57 unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que recada aforro da sociedade para canalizalo para financiar proxectos de economía social e solidaria. Proxectos que proporcionen un valor engadido ao conxunto da sociedade.

E contarán tamén con entidades relacionadas coa Economía Social (A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota, AESGAL e AEIGA), e se presentarán os resultados do informe sobre Economía Social en Santiago de Compostela.

Fai clic na imaxe para consultar a programación do Foro:

programa