Tes un proxecto sobre enerxías renovables ou eficiencia enerxética?
Concurso: Xerminadoiro Social
Som Energia e Coop57 puxéronse de acordo para impulsar conxuntamente o Xerminadoiro Social, o primeiro concurso de innovación social para a transición enerxética. Un concurso que pretende estimular a creación de modelos innovadores de iniciativas sociais, enerxía renovable e eficiencia enerxética, e axudalas a poñerse en marcha co obxetivo de promover novos axentes locais para a transición enerxética.
Todas aquelas persoas e iniciativas con ganas de desenvolver un proxecto, dentro da economía social e solidaria e para a implementación de modelos innovadores de enerxías renovables e eficiencia enerxética poden presentarse no concurso.
Que hai que facer para participar?
Primeiro hai que ter un proxecto que contribúa ao cambio de modelo enerxético e camine cara novos modelos de democratización da enerxía e empoderamento social, eficiencia enerxética e enerxías renovables.
Para participar débese facer dende a páxina web www.germinadorsocial.com e encher os documentos que se requiren:
- Formulario de inscrición: o cuestionario social do proxecto.
- Vídeo de presentación no que se explicará o proxecto e cal é a motivación de levalo á realidade (máximo 3 minutos).
- Plan de negocio do proxecto que se presenta.
O prazo para presentar o proxecto estará aberto ata o 15 de febreiro de 2017.
Un xurado valorará e seleccionará os proxectos e, posteriormente, abrirase unha segunda fase de votacións populares por parte da cidadanía.
Cales son os premios?
Som Energia entregará a través do seu donativo voluntario o importe total de 25.000€ a distribuir entre os proxectos seleccionados e a Fundación Coop57 bonificará unha parte dos custos financeiros dun posible préstamo aos proxectos seleccionados.
Ademais, recibirase un asesoramento técnico, xurídico e administrativo na implementación do proxecto suxeito á disponibilidade do Equipo Técnico de Som Energia e á posibilidade de conectar con iniciativas similares do ámbito europeo a través de REScoop EU.
Máis información: Bases do Concurso