Nestes días o Banco de España otorgou oficialmente a inscripción no rexistro de entidades financeiras co número 1550, ao proxecto Fiare Banca Ética, o que vai a supoñer a apertura da sucursal de Fiare en territorio español, prevista para finais de setembro en Bilbao.

A apertura da sucursal é o resultado dun traballo de 10 anos desenvolvido por Fiare, que foi o punto de referencia dun movemento de milleiras de persoas e organizacións que traballan para construír un modelo de banca ética, democrática, transparente e cooperativa cunha dimensión europea.

Unha nova etapa na que poderá ofrecer novos produtos e servizos financeiros aos máis de 5.000 membros, entre os que está a cooperativa Coop57 servizos financeiros éticos e solidarios SCCL, na que Ugacota e outras asociacións de cooperativas (Sinerxia ou Ucetag) estamos asociadas.

Na primaveira de 2015 inaugurarán oficialmente a sucursal de Bilbao para dar a coñecer e dar a oportunidade de apoiar co aforro á economía social e solidaria no territorio español.

Fai clic para leer máisÚltimos pasos para la nueva etapa

 

Saber máis:

Asociación Fiare Galiza

Coop57 blogue