Nun mes no que se celebra o Día do Comercio Xusto, as organizacións solidarias de Galicia volven xuntarse na Coruña, por terceiro ano consecutivo, con todas aquelas entidades ou persoas que se adican á economía social para lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real e próxima, aquí e agora, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e traballadoras e tamén a calidade da nosa propia vida.
Este ano, a 3ª edición da Feira de Economía Social se celebrará o sábado 31 de maio, entre as 11 e as 20:30 horas na Praza de Pontevedra da cidade de Coruña. Nese horario haberá ducias de postos na praza, e simultáneamente se levarán a cabo palestras de presentación por parte dalgunhas participantes, actuacións musicais e escénicas, etc.
Nese día será posible:
– Mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados. Come san, rico e local!
– Coñecer outras alternativas ao teu consumo eléctrico ou á banca convencional.
– Trocar todo aquelo que non uses por outras cousas que necesites, ou ver proxectos de troco de bens e servizos sen cartos.
– Coñecer medios de comunicación alternativos.
– Informarte de iniciativas locais autoxestionadas (culturais, de hortas urbanas, movementos sociais…).
– Escoitar en directo grupos de música ou poesía locais que se xestionan á marxe da Sociedade Xeral de Autores.(Durante as horas de xantar haberá actuacións e palestras na praza polo que vos invitamos a quedarvos a xantar connosco)
– Coñecer proxectos cooperativos que fan actividades vencelladas co benestar da persoa (yoga, reiki…).
– Descubrir novas formas de mobilidade e transporte máis ecolóxicas (como a bicimensaxería).
– Aprender como é posible mellorar as relacións entre as persoas e o medio, natural ou construído.
As cooperativas socias de Ugacota Aurora de Buxán, Cestola da Cachola e Hábitat Social teñen xa confirmada a súa participación!
Fonte: http://corunha.info/evento/2500