A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, celebrará 5 Faladoiros Dixitais entre o 28 de outubro e o 10 de decembro, dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica ‘ Faite Dixit@l! ’, que ambas as entidades desenvolven desde o pasado mes de setembro. Os Faladoiros Dixitais ofrecen un lugar de encontro para o debate, con expertos e referentes dixitais en diversos campos vinculados coa tecnoloxía e a Sociedade da Información, sobre novos coñecementos en temáticas TIC de actualidade e amplo percorrido no futuro, e que repercuten e repercutirán, na cidadanía. 1º Faladoiro : Facendo a Innovación Social Dixital (Fai clic) O 28 de outubro a partir das 18:30 horas, o espazo WekCo de Coworking na Coruña acollerá o primeiro Faladoiro baixo o título “Facendo a Innovación Social”. Este evento reunirá a 6 expertos que compartirán cos asistentes coñecemento e experiencias a través da metodoloxía ‘PechaKucha’, unha fórmula de presentacións rápidas e dinámicas (20 diapositivas, 20 segundos por diapositiva), que facilitan o seguimento e a comprensión por parte dos asistentes e a súa interacción cos participantes. Esta xornada, como todas as que forman parte dos Faladoiros Dixitais, poderá ser seguida a través de streaming (http://cemit.xunta.es/), ademais de por as canles das redes sociais de ‘Faite Dixit@l!’ (Twitter -@faitedixital- e Facebook –www.facebook.com/faitedixital. A inscrición é gratuíta e libre ata que se complete o aforamento do espazo de celebración e as persoas interesadas en participar poden formalizala nesta ligazón: http://www.faitedixital.es/galego/participa/formulario-pecha-kucha/
Nuria2014-10-27T14:36:09+01:0027/10/2014|Novas do cooperativismo|Comentarios desactivados en Faladoiros Dixitais