A cooperativa de servizos financeiros Coop57, (da que forma parte Ugacota e varias cooperativas socias), convídante á estrea do documental “Con tu dinero”, na que estarán presentes: as entidades organizadoras deste evento Amarante-Setem e a entidade de finanzas éticas Fiare Galiza, e Coop57, AIS O Peto e Adicae. Trala proxección haberá unha charla-coloquio na que participarán todas elas, xunto co público asistente.
O documental pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, e tamén presenta alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa.
A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez (que se despraza a Galicia exclusivamente para estar presente nas sesións) nas cidades de Vigo e Pontevedra. A entrada será libre até completar aforo.
Este é o calendario da proxección do documental:
• Santiago de Compostela: Martes, 16 de abril de 2013, ás 19:00 horas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da U.S.C., Avda. do Burgo s/n, Campus Norte.
• Vigo: Mércores, 17 de abril de 2013, ás 19:30 horas, no Centro Cívico de Teis, Rúa Camiño Maceiras s/n.
• Pontevedra: Xoves, 18 de abril de 2013, ás 20:00 horas no Teatro Principal, R/ Paio Gómez Chariño 6.
Máis información premendo aquí.