A Xunta de Galicia ven de publicar o anuario coas estatísticas en materia de economía social do ano 2014. Nel recóllense datos referentes ás cooperativas, sociedades laborais e centros especiais de emprego.

O obxectivo desta publicación é o de coñecer a estrutura e a localización das sociedades da economía social, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, tomando como variables de referencia os seus datos identificativos.

No ano 2014 rexistráronse 69 novas cooperativas en Galicia, cun total de 495 persoas socias, delas, 58 cooperativas son de traballo asociado, e 202 persoas socias traballadoras.

 

Consultar premendo aquí