EspazoCoop e o Concello de Santiago consolidan a súa colaboración no fomento do cooperativismo na cidade

 

A xornada “Transformando a cidade dende o Cooperativismo” reforza o compromiso institucional coa economía social no marco do Ano Internacional das Cooperativas.

A xornada “Transformando a cidade dende o Cooperativismo”, celebrada o mércores 24 de setembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, congregou a máis de 200 persoas nunha cita que combinó cultura e reflexión sobre o papel transformador do cooperativismo na construción dunha cidade máis participativa e xusta.

Un encontro que conectou cultura e cooperativismo

A xornada comezou coa representación de “As que limpan” pola compañía A Panadaría S. Coop. Galega, unha obra que retrata con crudeza a realidade laboral de moitas mulleres e que serviu como punto de partida perfecto para reflexionar sobre as alternativas que ofrece o cooperativismo. O público respondeu con gran interese e participación, creando un ambiente ideal para o posterior debate.

Debate enriquecedor con diversidade sectorial

No coloquio “Transformando a cidade dende o cooperativismo” contamos coa participación de catro das nosas cooperativas socias, representando a diversidade do noso movimiento:

  • A Panadaría S. Coop. Galega (cultura e espectáculos)
  • 7 H Coop Cultural S. Coop. Galega (produción audiovisual)
  • Cidadanía S. Coop. Galega (participación e desenvolvemento comunitario)
  • Maos S. Coop. Galega (servizos sociais)

A presenza institucional, coa asistencia da concelleira María Rozas e da técnica Carme Casado, así como o peche a cargo da alcaldesa Goretti Sanmartín Rei, confirma o compromiso do Concello co cooperativismo.

Esta xornada reafirma a nosa colaboración co Concello de Santiago, unha alianza que leva anos dando froitos e que seguirá medrando durante 2025 xa que esta xornada contou co financiamento do Concello de Santiago a través do programa municipal Feito en Santiago.