EspazoCoop celebrou a Asemblea 2020 e pon a súa mira na planificación do próximo ano.
A Unión de Cooperativas Espazocoop celebrou a súa Asemblea anual o pasado 30 de outubro, por primeira vez realizouse de xeito telemático, xa que a normativa permite este formato con motivo da pandemia.
Antes de que EspazoCoop dera inicio a súa asemblea, a presidenta Ana Olveira, deu paso ao presidente de Coceta (Confederación de cooperativas de traballo) Luis Miguel Jurado, e a Covadonga Toca, Directora xeral de emprego, traballo autónomo e economía social, que saudaron ás cooperativas asistentes. Luis Miguel Jurado, fixo fincapé en tres eixos de traballo para ser útiles ás cooperativas: “mantemento, creación e recuperación das cooperativas”, ademais resaltou “a importancia de volver á esencia da cooperativa, á intercooperación e á innovación, non sucumbir ao medo, ser resilientes e moi cooperativos”, non deixo de manifestar que “Coceta está para axudar ás cooperativas”. Pola súa parte, Covadonga Toca, comentou a disposición a mellorar as políticas públicas de apoio ao cooperativismo. Por último a presidenta de EspazoCoop destacou que “tecer redes estanos axudando moito neste crise”.
[ Asemblea 2020 ]
Despois de despedir ás convidadas e agradecer a súa participación, iniciou a asemblea de Espazocoop que contou coa asistencia virtual de 45 persoas e 32 cooperativas . O xerente da Unión, Tino Gago, realizou a presentación dos asuntos a tratar na orde do día, estando acompañado pola Presidenta e demais membros do Consello reitor, que realizaron as correspondentes intervencións, aclaracións e comentarios aos distintos temas.
A asemblea de socias aprobou os informes presentados da xestión social 2019 (memoria da actividade, contas anuais e distribución do resultado económico), ademais do plan de xestión 2020, a proposta de modificación do consello reitor, e as cotas de socias.
[ Cooperativas socias: É tempo de facer achegas | Planificación 2021 ]
Este ano, e produto da situación excepcional da crise sanitaria que non facilita as reunións, aproveitouse esta mesma convocatoria virtual para traballar en común a identificación de actividades a desenvolver pola Unión no próximo ano, co fin de avalialas e tratar de incorporalas no Plan Anual 2021.
Neste sentido, recolléronse as propostas das cooperativas en asemblea, e para facilitar a recepción de máis achegas, para aquelas socias que non puideron asistir habilitouse un formulario online que estará aberto ata o 15 de novembro de 2020.
Para máis información, contacta coa Unión de Cooperativas EspazoCoop | info@espazo.coop – 981 57 55 78 | www.espazo.coop