Xornadas de “Coop é activas, procesos de autodesenvolvemento cooperativo”, actividade de difusión do traballo cooperativo organizada por a ONG Arquitectura Sen Fronteiras e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en colaboración cos concellos de Culleredo, San Sadurniño e Bergondo, os Encontros entre cooperativas serán nas seguintes datas e lugares:
– Concello de Culleredo, xoves 16 de abril, ás 18 h., no Pazo de Melania en Vilaboa. Preme para ver: Cartel e Nota de prensa
– Concello de San Sadurniño, luns 20 de abril, ás 16.30 h., na Casa da Cultura. Preme para ver: Cartel e Nota de prensa
– Concello de de Bergondo, xoves 23 de abril, ás 18 h., no Edificio Sociocultural da Senra. Preme para ver: Cartel e Nota de prensa
Nestes encontros participarán dúas cooperativas promovidas por Arquitectura Sen Fronteiras: o proxecto de autoemprego de reciclaxe de aceite de “Mulleres Colleiteiras”, e a cooperativa guatemalteca “B’eljuj Q’anil”; e en cada un destes concellos, respectivamente, unha cooperativa local, “INDA iniciativas” adicada ó desenvolvemento económico, social e cultural (en Culleredo), “Tagen Ata” adicada á formación a distancia (en San Sadurniño) e “Lutega” adicada ao cultivo de lúpulo (en Bergondo).
As cooperativas darán a coñecer o seu traballo e as súas iniciativas, rematando cun debate aberto onde intercambiarán experiencias e profundizarán nos procesos de autodesenvolvemento comunitario a través do traballo cooperativo, tanto en contextos internacionais como locais.
A entrada é libre ó público ata completar aforo.