Ugacota continua coa súa programación de formación, na modalidade de teleformación, enmarcada no convenio entre a Confederación COCETA e a Fundación Tripartita.
Desta volta, durante os meses de setembro e outubro temos programados 4 cursos, gratuítos, dirixidos a persoas socias e asalariadas de empresas da economía social. Na táboa seguinte tes toda a información, premendo sobre o nome do curso podes ver o programa e contidos, premendo sobre “inscribirse” abrirase o formulario de inscrición que che permitirá facernos chegar a túa solicitude de participación.
CURSO | DURACIÓN | DATA INICIO | DATA FIN | INSCRICIÓN | OBXECTIVO | |||
Iniciación a la Cooperativa de Trabajo | 34 | 09/09/2014 | 07/10/2014 | Inscribirse | Proporcionar coñecementos básicos sobre o cooperativismo de traballo e o modelo de xestión cooperativa. | |||
La Responsabilidad Social Empresarial en las cooperativas | 34 | 09/09/2014 | 07/10/2014 | Inscribirse | Achegarse ao concepto de responsabilidade social empresarial e como integrala no sistema de xestión da cooperativa. | |||
Prevención de Riesgos Laborales | 64 | 09/09/2014 | 14/10/2014 | Inscribirse | Adquirir as capacidades e coñecer as ferramentas necesarias en materia de prevención de riscos laborais. | |||
Manipulador de Alimentos | 10 | 09/09/2014 | 22/09/2014 | Inscribirse | Aprender as técnicas de manipulación de alimentos. Coñecer os mecanismos de hixiene para evitar posibles contaminacións. |
|||
Agardamos que esta programación sexa de interese. Para calquera consulta ou suxestión podedes dirixirvos a:
Coordinación da formación en UGACOTA: patane@ugacota.coop — 697877773
Inscricións e impartición da formación: Tagen Ata, S.Coop.Galega: cooperativa@tagenata.com — 881 939 142