En Rexenerando queremos ser máis!
[Oferta de traballo]
#economiasocial #participación #cultura #igualdade #facilitaciondegrupos
Quen son?
Rexenerando é unha cooperativa sen ánimo de lucro afincada en Ferrol dende 2014. Dende aquí, un equipo multidisciplinar de persoas desenvolven proxectos arredor de tres eixos de traballo: igualdade de xénero, participación social e cultura.
Aspiran a ser unha entidade de referencia no traballo con grupos e comunidades no marco da economía transformadora, con vocación de contribuír á construción de comunidades máis resilientes, democráticas e xustas. Traballamos cos seguintes principios e valores compartidos e que procuramos que se manifesten en todo o que facemos:
Feminismos e fomento da equidade
Respecto á diversidade
Recuperación das memorias subalternizadas
Creación de espazos para as voces marxinalizadas
Democracia profunda
Defensa da nosa lingua e culturas propias
Sustentabilidade ambiental e vital
Compromiso e honestidade coas persoas que traballamos
Innovación e mellora continua
Que están a buscar?
Para reforzar o equipo de traballo neste ano 2022 buscan unha persoa implicada, que complemente os seus saberes, que comparta a súa mirada, da que poder aprender e coa que reforzar o seu proxecto a medio prazo.
O perfil profesional e académico ideal sería o dunha técnica de proxectos, licenciada ou graduada en ciencias sociais (socioloxía, políticas, educación social ou afíns) e experiencia na coordinación, deseño e desenvolvemento de políticas públicas, proxectos, socio-educativos e procesos participativos. É importante tamén contar con carné de conducir, coche propio e dispoñibilidade para desprazamentos.
Só reciben candidaturas a través do formulario que habilitaron.
Para coñecer a Oferta Completa e acceder ao formulario, fai clic neste enlace
Prazo para enviar candidaturas: 23 de Marzo de 2022 ás 14 h.