AGACA achégamos a convocatoria da actividade conxunta ECONOMIA SOCIAL MEETING, unha iniciativa colaborativa do Foro pola Economía Social Galega enmarcada na programación da Rede Eusumo.

Este Meeting celébrase o vindeiro 3 de maio, de 11:00 a 13:00 h. na sede de AGACA en Santiago de Compostela (Rúa Tomiño 22, entreplanta), ao que están convocadas a participar as entidades da economía social de Galicia.

O Encontro é de interese para entidades relacionadas co sector agroalimentario, cos servizos dixitais e cos servizos relacionados coa saúde, xa que nestes ámbitos enmárcanse os retos lanzados na 1ª Edición da Aceleradora de Empresas BUSINESS FACTORY FOOD (BFFood) que ten aberta a convocatoria a posibles interesados.

No BFFood participan varias empresas tractoras, e dúas son de ámbito cooperativo: o grupo Martín Codax e o grupo CLUN Cooperativas Lácteas Unidas. Presentarán o Clusaga e o proxecto BFFood, o director deste proxecto (D. Javier Álvarez) e un experto do Igape (pendente de concretar).

Prégase confirmación de asistencia: Telf: +34 981 584 783 –hmougan@agaca.coop – Higinio Mougán Bouzón | Director-Xerente  [www.agaca.coop]

Programa: ECONOMÍA SOCIAL MEETING-Clusaga