Dende a Confederación de Cooperativas de Traballo Asociado COCETA infórmannos da convocatoria deste curso, da Universitat de València, na súa 3ª edición.

Datas: outubro 2013. maio 2014

Imparte: Institut Universitari d’Economia Social i Cooperativa. IUDESCOOP
Título propio da Universitat de València

Características
Dirixido a: Licenciatura, Diplomatura ou Formación profesional en grao superior en materias relacionadas. Experiencia en asesoramento fiscal ou contable co dereito ou a empresa.
Titulación: Os Diplomados ou Titulados que superen as probas evaluatorias obterán un título propio da Universitat de València. Profesionais pertencentes ao ámbito do curso sen titulación universitaria, logo de valoración da dirección do curso.
Lugar de Impartición: Aula Virtual. Fundación Universidade-Empresa (ADEIT).
Duración: De outubro 2013 a maio 2014.
Matrícula: 600,00 euros. (A taxa de expedición de Títulos e Certificados non está incluída.)
Dirección María del Pilar Alguacil Marí Catedrática de Universidade. Departament de Dret Financer i Història del Dret. Universitat de València.
Preinscrición: ata o 13 de outubro de 2013.

Obxectivos
Formar asesores contables e fiscais para cooperativas de alto nivel.
Na actualidade, a falta de formación neste campo está a xerar dous problemas importantes:
1. A non creación de cooperativas por emprendedores, xa que os asesores non recomendan esta forma xurídica por descoñecemento.
2. Especialmente en cooperativas agroalimentarias, estanse a sufrir numerosas inspeccións por erros producidos polo devandito descoñecemento.
Servir de punto de encontro posterior dos exalumnos e os profesores, de maneira que se manteña a dinámica de actualización. Para iso, habilitouse unha comunidade virtual de exalumnos dentro da plataforma de ADEIT (Fundación Universidade- Empresa).

Máis información e inscricións
:

Teléfono: 963 262 600

E-mail: informacion@adeit.uv.es

Web:  http://postgrado.adeit-uv.es/es/cursos/direccion_y_gestion_empresarial-1/13123340/datos_generales.htm#.UjrB1X-SxJE

Tríptico: curso_especializacion_trib_contab_uv