Baixo o lema “As cooperativas logran o desenvolvemento sostible para todos”, o movemento cooperativo galego sumarase, unha vez máis, a esta conmemoración, celebrando o día do cooperativismo galego, organizado polo Consello Galego de Cooperativas e a Consellería de Traballo e Benestar.

O acto terá lugar nas instalacións do Centro Ágora da Coruña, o sábado 5 de xullo,  e as actividades lúdicas combinaranse coas entregas dos Premios á Cooperación e do concurso “Cooperativismo no ensino”.

O denominador común será a posta en valor desta fórmula empresarial, así como o recoñecemento do labor realizado polas persoas que as forman a prol da mellora económica e social.

Máis información a través do enlace : Día do Cooperativismo 2014

No correo electrónico : info@cooperativas2014.com

A través do teléfono:  646 134 647