Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller a Alianza Cooperativa Internacional (ACI) emitiu unha declaración, a través da Presidenta do Comité Mundial de Equidade de Xénero, baixo o lema “Equidade de xénero para un desenvolvemento sostible e un mundo mellor”, preme aquí.
Tamén a Presidenta da ACI, Monique Leroix, lanzou unha mensaxe a través do seguinte vídeo.
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA como parte do movemento cooperativo mundial súmase á celebración do Día Internacional da Muller, e súmase ao papel que xoga o cooperativismo na promoción das mulleres, porque os valores do cooperativismo e o modelo de gobernanza cooperativo amosan que son moi válidos e acaídos para acadar a igualdade, o desenvolvemento, e a promoción social e profesional das mulleres.A presenza das mulleres no ámbito das asociacións de cooperativas galegas Ugacota, Ucetag, Sinerxia e Ugacomar, e segundo os datos de que dispomos, alcanza cifras significativas, o 50,46% das persoas socias son mulleres, e no tocante ao nivel de contratación, chega ao 62,47%.Falando a nivel de toda a comunidade, en Galicia tamén é relevante, casi a metada das persoas socias de cooperativas son mulleres, e se falamos de socias traballadores alcanza o 60%, as presidencias nas cooperativas de traballo están ocupadas por mulleres case nun 44%, e as medidas de conciliación laboral e persoal alcanza 60% no modelo cooperativo.A cooperativa demostra que é unha boa forma de acceder ao emprego para as mulleres, facilítalles a participación no ámbito laboral, facilita a conciliación, o acceso a postos onde se toman as decisións, mellora a valoración profesional e social das mulleres,… é unha vía que presenta maiores vantaxes e posibilidades para a igualdade que outros modelos empresariais.
Nuria2017-01-27T13:57:01+01:007/03/2016|Novas do cooperativismo|Comentarios desactivados en Día Internacional da Muller
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma