Declaración da Alianza Cooperativa Internacional
“Mulleres nun mundo laboral en transformación: Cara un planeta 50-50 en 2030”
O mundo do traballo é un escenario crucial para o desenvolvemento de mulleres e homes na que grandes lagoas e desigualdades de xénero persisten. Oportunidades, trato e resultados no ámbito laboral, aínda son diferentes para as mulleres en todo o mundo.
Hoxe, as organizacións internacionais que defenden esta cuestión seguen amosando datos verdadeiramente preocupantes. As mulleres representan menos do 40 por cento do emprego total no mundo. As posibilidades de que as mulleres participen no mercado de traballo segue a ser case 27 puntos porcentuais menor que para os homes. As mulleres son máis propensas a estar desempregadas, con taxas de paro do 6,2 por cento en comparación con 5,5 por cento para os homes. A diferenza salarial estímase en 23 por cento o que significa que as mulleres gañan 77 por cento do que gañan os homes.
Nós aínda estamos ante unha cuestión pendente. A pobreza segue afectando máis ás mulleres, que teñen unha maior carga de traballo global, hai unha lagoa na participación no traballo, as taxas de desemprego máis altas e unha maior inserción no sector informal da economía. As mulleres teñen menos acceso á seguridade social e están sobre-representadas nos sectores de menor produtividade, estado e ingresos.
A calidade do emprego das mulleres segue sendo un reto, e é igual para o emprego formal como informal. Aínda que a metade das mulleres que traballan no mundo son asalariadas, esto non lles garante un emprego de mellor calidade. De feito, sábese que o 40 por cento das mulleres traballadoras non contribúen a sistemas de seguridade social nos seus países.
Unha das principais preocupacións da International Co-operative Alliance, ICA, refírese ás novas zonas de discriminación que aínda non son visibles aínda, como a “feminización” das mulleres que migran ou a discriminación con base no Estatuto de inmigración, incluíndo o acoso, explotación, a denegación de seguridade social e salarios moi baixos.
Outras áreas de atención especial son a baixa participación das mulleres en acordos de negociación colectiva. A taxa de desemprego en aumento entre as mulleres novas e a discriminación baseada na orientación sexual que dá pé ao acoso no traballo, e as desigualdades salariais que van de 3 a 30 por cento. Ademais, é importante ollar para o número de mulleres xubiladas que reciben unha pensión que é de 10,6 puntos porcentuais menor que a de homes, que indica que o 65 por cento das persoas que superan a idade de xubilación sen recibir unha pensión regular son mulleres.
Nun mercado de traballo onde predomina cada vez máis o persoal autónomo, a movilidade xeográfica, a aportación de valor, as redes informáticas, o teletraballo, as redes sociais, novos modelos de empresa que desafían as estruturas tradicionais e o emprendemento, o empoderamento feminino e o acceso á educación apropiada para as mulleres e as nenas é crucial. Debemos axudar a que se preparen para un mundo novo; asegurando que as innovaciónss, lonxe de constituír novas fendas e razóns de discriminación, sexan novos camiños para unha forma distinta de inserción das mulleres no mundo do traballo. Todo esto constitúe un importante reto se temos en conta que se espera para 2020 unha destrucción de empregos que van entre 5 e 7 millóns de postos a nivel mundial.
Outro fenómeno que está arraigado na base de todo tipo de discriminación son os estereotipos de xénero e as expectativas da sociedade fronte aos roles que as mulleres deben asumir. Desde a ACI consideramos este un asunto da maior atención, pois é transversal aos modelos de crianza, organización social e patróns culturais, nunha sociedade que subvalora o “feminino” desde tódolos aspectos.
Lonxe dunha visión romántica, desde o cooperativismo apostamos por unha sociedade máis valorada desde indicadores de benestar e de felicidade, que económicos e financeiros. Por eso, unha medida pola que debemos abogar e manter na base de todas as accións é a conciliación da vida laboral e familiar.
Condición previa para estos propósitos é sempre a educación, principio de principios da filosofía cooperativa. Hoxe, 62 millóns de nenas entre 5 e 15 anos no mundo non asisten á escola, ou están atrás con respecto aos nenos na terminación da educación media superior.
Desde outras instancias internacionais advirten que de prevalecer estas tendencias actuais, precisaríanse máis de 70 anos para colmar totalmente a desigualdade salarial por motivo de xénero, e afrontar esto non depende só de mellores niveis de crecemento económico nos países. Necesitamos transformar un entorno laboral e social favorable ás mulleres, como un imperativo para lograr un planeta 50-50 no 2030 e unha condición previa para cumplir a axenda de desenvolvemento sostible.
Nesta conmemoración do Día Internacional da Muller, desde a Alianza Cooperativa Internacional extendemos ás persoas cooperativistas do mundo o chamado a afortalar cada día o seu compromiso cos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible, e a manter o apego aos principios e valores cooperativos, como estratexias poderosas para afrontar as desigualdades de xénero persistentes no mundo laboral. A colaboración entre cooperativas en favor destos propósitos é vital, así como alianzas estratéxicas cos gobernos e con outros sectores económicos do desenvolvemento.
María Eugenia Pérez Zea
Presidenta do Comité Mundial de Equidade de Xénero