O equipo do Proxecto icoopera, programou catro accións formativas GRATUITAS específicas en materia de TIC, de carácter mixto (virtual + presencial) coas que se pretende proporcionar ao persoal xestor, directivo e profesionais das organizacións cooperativas un conxunto de coñecementos, ferramentas e pautas metodolóxicas para a incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións nas súas respectivas organizacións.

As persoas participantes recibirán un diploma xustificativo da formación cursada. Aquel alumnado que completen os catro cursos propostos (80h Teleformación + 20h Presencial), obterán ademáis un recoñecemento do equipo formador, como DINAMIZADOR-A TIC. A proposta formativa é a seguinte:

Curso: “Presenza en Internet e uso básico das TICs”

Presentar o proceso xeral para adquirir a presencia na Internet.
Pautas para a xeración de contidos de interese, a imaxe corporativa, necesidades de comunicación e mensaxe a proxectar cara ao exterior.
Coñecer as ferramentas básicas para o aproveitamento eficiente de internet na organización.

Curso: “Marketing dixital e Redes Sociais”

Integrar internet nos plans de comunicación da organización para comunicar con éxito os seus produtos ou servizos.
Coñecer a técnicas principais para xestionar eficazmente as relacións e a presenza nas principais redes sociais.
Visibilidade en internet e promoción on-line.

Curso: “Comercio Electrónico”
Data Inicio: Outubro 2015

Coñecementos e ferramentas xerais para a adopción do comercio electrónico dentro da organización.
Identificación e posta en marcha dos elementos básicos na estrutura e funcionamento dun servizo de comercio electrónico.
Xeración de contidos e catálogo de produtos.

Curso: “Ferramentas TICs para a xestión avanzada dunha cooperativa”
Data Inicio: Novembro 2015

Coñecer as principais ferramentas TICs de software libre para apoiar a xestión e funcionamento das cooperativas.
No documento axunto, pode consultarse o detalle dos contidos formativos propostos.

Fai clic para consultar contidos : Cursos TIC icoopera 

INSCRICIÓN
Se desexa participar en todas o nalgunha destas ACTIVIDADES FORMATIVAS GRATUíTAS, pode facelo a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

RECORDAMOS QUE AS PRAZAS PARA PARTICIPAR NESTA INICIATIVA ESTÁN LIMITADAS.