A Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura da Universidade da Coruña vai organizar a primeira edición do curso Iniciativa emprendedora. Proceso de creación de empresas, promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, así como polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que impartirá a Escola de Organización Industrial no campus universitario.
O curso está destinado preferentemente a alumnado que estea a cursar na actualidade un programa de mestrado na Universidade da Coruña, estudantado dos últimos cursos e persoas que acaben de se titular.
Trátase dun programa de alcance nacional, orientado a fomentar a iniciativa emprendedora na universidade, que pretende amosarlle ao alumnado universitario a creación de empresas como unha alternativa atractiva fronte ao emprego por conta allea. As persoas participantes neste curso, en que a inscrición é completamente de balde, poderán desenvolver o seu potencial creativo e innovador e dotarse das ferramentas necesarias para estudaren a viabilidade dunha idea de negocio.
A duración do curso, que comezará no mes de maio, é de entre 2 e 6 semanas. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición rematará o 5 de maio.
Pode obterse máis información e documentación no seguinte enderezo web