A Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, comunica que está aberto o prazo de inscrición para o CURSO DE FOMENTO COOPERATIVO, cunha duración de 50 horas, realizarase na modalidade mixta (40 horas de teleformación e 10 horas prácticas).

Existen dúas edicións dispoñibles cun número prazas de 10-20 alumnos/as por edición.

Os prazos de inscrición son os seguintes:

· 1ª edición: ata o 30/11/2014

· 2ª edición: ata o 01/12/2014

 

Curso de Fomento Cooperativo

Modalidade mixta: teleformación e sesións presenciais.

– Obterás unha visión integral e práctica das características das cooperativas, das súas oportunidades e potencialidades para o emprendemento e a creación de emprego, das estruturas e estratexias de dinamización, etc.
– Coñecerás os incentivos, medios, recursos e ferramentas existentes para a promoción desta fórmula empresarial.

Para realizar o proceso de inscrición entrade na páxina: www.teleformacioncooperativas.com, rexistrarse como usuarios, e no apartado de inscrición escoller unha das edicións.

E-mail de contacto : teleformacion.coop@gmail.com