Culturgal 2017 acolle ao cooperativismo e a economía social do sector cultural na súa 10 edición, será no Expositor común posto a disposición pola Rede Eusumo, os días 1, 2 e 3 de decembro na Cidade da Cultura de Pontevedra.
Na Feira das Industrias Culturais teredes ocasión de coñecer o traballo e os proxectos que realizan as cooperativas 7H, O Cable Inglés, Xeitura Patrimonio Cultural, Urdime, Cestola na Cachola, Catro Ventos, Cunde, Miudiño, Miraxe, Sacauntos, e a outras empresas culturais do ámbito da economía social como 10d10, Xeneme ou Cegasal.
Podes consultar as empresas que conforman o stand neste Dossier informativo de entidades. O espazo expositivo que promocionará a economía social vinculada á actividade cultural, estará ubicado nos postos 93-96 e conta cunha Programación propia.
Espazocoop tamén terá certa presenza no Expositor porque presenta a campaña de visibilización e posta en valor do modelo cooperativo, coa presentación da imaxe gráfica ‘SOMOS COOP’, coa que se animará ás cooperativas e as persoas cooperativistas a que sexa empregada, tanto nas súas empresas como onde desexen ubicala, para amosar e comunicar ao público a súa esencia cooperativa, o seu diferencial e o orgullo de pertencer á gran familia cooperativa.
Culturgal este ano celebra a súa 10ª edición, unha década xa promocionando a cultura galega.
Web: Culturgal