A cooperativa CULTURACTIVA xa está poñendo en marcha a Feira Ecolóxica de Arzúa os días 14 e 15 de novembro. Se desexas participar, está aberto o prazo de inscrición. Trátase dunha feira cunha programación por e para o respecto da contorna e dunha vida en sintonía con ela. Un festival de artes e cultura e unha feira pola biodiversidade xuntas na mesma proposta en Galicia un ano máis.

Será preciso cubrir a ficha de inscrición, á que podes acceder aquí.

Ademais, recomendamos consultar as condicións de participación: http://bit.ly/1YLQor0. Solicitude de participación ata o 16/10/15

 

ORGANIZA: Concello de Arzúa. XESTIONA : Culturactiva s. coop. galega