A cooperativa Culturactiva, trasmite a seguinte mensaxe :
“Se sempre quixestes colaborar co Festiclown Palestina e non tivestes a oportunidade, agora podedes”.
Entán empregando a plataforma de crowdfunding Verkami, a través da que poder achegar unha cantidade económica coa que facer posible que a segunda edición do Festival sexa unha realidade entre o 12 e o 20 de xaneiro deste ano que xa chega. “Permitídenos volver botar a nave do circo e a risa rebelde.”
Ademais comentan :
A esperanza, a risa e fraternidade son necesarias xa que cerca de medio millón de refuxiados/as palestinos/as están en Líbano e a maioría de eles/as viven nos campamentos en situacións de extrema dificultade.
Ademais, a actual crise provocada polo conflicto en Siria incrementa día tras día o número de desprazados/as, palestinos/as e sirios/as, empeorando as súas condicións debido á falta de recursos.
Por todo o anterior, Paiasos en Rebeldía decide trasladar o Festiclown Palestina ata o Líbano. Un festival solidario de clown que trata de paliar as consecuencias psicolóxicas dun conflicto interminable e o seu conseguinte éxodo ademáiss de fomentar, xunto ás contrapartes locais, as artes circenses, o clown e a risoterapia entre a población refuxiada, fundamentalmente nenos/as e xuventude, como unha alternativa psicolóxica e social á situación de conflicto na que viven.
PARA QUE NECESITAMOS AS VOSAS APORTACIÓNS?
As achegas recibidas destinaranse a sufragar os gastos de organización do festival, como son o desprazamento dos artistas ata o Líbano, o seu aloxamento e a súa alimentación oito días, transporte para ir dun campo de refugiados/as a outro ou aluguer de equipos de son, entre outros.
COMO FACER AS APORTACIÓNS ?
Accede dende este enlace : http://www.verkami.com/projects/7435-festiclown-palestina-en-el-libano-2014
CALENDARIO PREVISTO
Dada a cercanía co evento, o calendario de producción é inmediato e dende Paiasos en Rebeldía xa están organizando o proxecto para poder dar inicio ao Festiclown Palestina o 12 de xaneiro 2014.