Detección de necesidades: Estudos de Formacion Profesional na Economía Social

 

Dende COCETA (Confederación de Cooperativas de Traballo) están realizando a Detección de necesidades, deseño, programación e difusión da oferta formativa da Economía Social, (conforme ao establecido na Lei 30/2015), remiten 3 Cuestionarios para a súa cumprimentación, co obxetivo de realizar os Estudos precisos que serán de gran interere para as empresas de Economía Social (tamén as cooperativas).

Os cuestionarios van dirixidos a personas traballadoras das empresas de la Economía Social, a fin de obter un Mapa,  o máis detallado posible, da Formación Profesional para o Emprego no noso ámbito así como o seu impacto nas tres temáticas de:

  • COLECTIVOS PRIORITARIOS NA ECONOMÍA SOCIAL.
  • FORMACION NO PERÍODO COVID-19 DENTRO DA ECONOMÍA SOCIAL E AS NOVAS OPORTUNIDADES DE EMPREGO E  NEGOCIO xurdidas a partir da crise sanitaria.
  • Como está funcionando a TELEFORMACIÓN e a AULA VIRTUAL nas nosas empresas?.

Podedes atopar os Cuestionarios en:  https://www.aula.coop/deteccion-necesidades

A Unión de Cooperativas EspazoCoop estamos a colaborar no cuestionario de “Colectivos Prioritarios na ES”, pero dende Coceta solicitan responder, se fora posible, aos 3 Cuestionarios, dado que toda a Información que se poida “rexistrar” será positiva para a Formación das empresas da Economía Social, e, así, nas próximas convocatorias, non quedarán descubertas moitas necesidades que, seguramente, existen na Formación das empresas de Economía Social.

Por iso animamos a adicar 5 minutos en cada cuestionario, para que ninguén se quede fóra e a Formación Profesional para o Emprego sexa punta de lanza na recuperación que nos espera.

Por último, e, por si xurdira algún problema na cumprimentación dos Cuestionarios, podedes contactar con Coceta no mail: empleoyformacion@coceta.coop   (Pedro Blázquez | Emprego e Formación).