Cóllete a mañá e vente ao encontro de “Crowdfunding, Financiamento Colectivo” que organiza Ugacota en Santiago o 20 de marzo no Centro Sociocultural O Ensanche, Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16 ( a 50 m. da Praza Roxa), en sesión matinal (de 9.00 a 14.30 h.).

Terás a oportunidade de coñecer e descubrir esta opción de cooperación colectiva, que busca acadar financiamento para realizar os nosos proxectos. Usa as tecnoloxías, as redes e as comunidades de internet.

Ademais poderás coñecer, estar en contacto, ou intercambiar visións con outras cooperativas, persoas participantes, ou colaboradores/as que asistan a este encontro.

Nesta ocasión establécese unha cota de inscrición, que agardamos non supoña un atranco para asistir.

Dirixido a:

Preferentemente a cooperativas, aínda que se hai prazas disponibles tamén aberto a outras entidades de economía social e solidaria, ou público xeral interesado.

Accede aquí ao PROGRAMA

INSCRICIÓNS preme aquí

 

Máis información:

986 13 65 92 – nuria@ugacota.org

 

Os encontros xerenciais de cooperativas forman parte do “Programa de apoio á función xerencial en cooperativas”.