A Memoria 2014 da Consellería de Traballo e Benestar presenta información e datos das actuacións realizadas polo goberno autonómico na área “Cooperativismo e Economía Social”, destacamos, entre outras accións desenvolvidas :
O número de cooperativas constituídas en 2014 foi de 69, maioritariamente de traballo asociado, e o nº de persoas socias promotoras é de 495. Observando a evolución 2010-2014, neste tema, o nº de cooperativas creadas aumenta nos últimos anos, aínda que o nº de socias/os promotoras/es baixa, pero esta tendencia rómpese no 2014.
Evolución 2010-2014 : Cooperativas inscritas – Nº de socios/as
| 2010 | 
 42  | 
 1556  | 
| 2011 | 
 48  | 
 1459  | 
| 2012 | 
 58  | 
 590  | 
| 2013 | 
 64  | 
 443  | 
| 2014 | 
 69  | 
 495  | 
Atendendo ás tipoloxías de cooperativas creadas en 2014, os datos son : 58 de traballo asociado, 2 de consumo, 1 de vivenda, 6 agrarias, 1 de explotación comunitaria da terra, e 1 de servizos sociais-traballo asociado.
Este informe tamén presenta cifras sobre as distintas liñas de axudas e apoios que o goberno autonómico contempla nas súas políticas, en concreto para promoción do emprego en empresas de economía social e a promoción e divulgación do cooperativismo, durante o 2014 solicitáronse 411 axudas, e concedéronse 299 axudas por unha contía total de 1.788.182,25 €.
| fomento do emprego en cooperativas e sales | 
 Axudas solicitadas 74  | 
 Concedidas 63  | 
 942.750,00  | 
| fomento do acceso da condición de socia traballadora | 
 255  | 
 169  | 
 489.521,08  | 
| impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica | 
 70  | 
 56  | 
 179.302,96  | 
| promoción das cooperativas xuvenís | 
 6  | 
 5  | 
 54.971,46  | 
| intercooperación e integración cooperativa | 
 6  | 
 6  | 
 126.636,75  | 
As axudas máis solicitadas e concedidas foron as do Programa II (fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a, e as de maior dotación orzamentaria foron as do Programa I (fomento do emprego en cooperativas e sales).
Seguindo coas axudas, con cargo á convocatoria 2014 dos programas de apoio ás entidades asociativas, ás oficinas locais de emprego, e as entidades colaboradoras da Rede Eusumo, para fomento do cooperativismo e a economía social, solicitáronse 38 axudas, e se concederon 34 axudas, por un importe total de 1.050.279,92 €.
| Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e sales | 
 7  | 
 7  | 
 540.000  | 
| Oficinas locais de fomento do cooperativo | 
 18  | 
 18  | 
 465.000  | 
| Entidades colaboradoras da Rede Eusumo | 
 13  | 
 9  | 
 45.279  | 
Ademais, a Memoria da Consellería fai referencia a outras actuacións encamiñadas á promoción e divulgación do cooperativismo:
– Rede Eusumo: No marco da Rede Eusumo desenvólvense 171 actividades de divulgación, e 3.450 persoas usuarias. Dinamización de 134 grupos promotores. Titorización, asesoramento e conformación de 21 cooperativas, o que supuxo 95 postos de traballo. 41 actividades de asesoramento a cooperativas xa constituídas. Participación en eventos (Fórum Gastronómico, Feira Xantar, ou Semana Verde), ou exposicións itinerantes.
– Convenio coa Universidade de Santiago de Compostela (CECOOP): cun compromiso financeiro 20.000 €.
– Proxecto icoopera : promoción e impulso da I+D+i e o uso das Tic, cun compromiso financeiro de 161.498,70 €
– Consello Galego de Cooperativas (con presenza na Rede: web, redes sociais, youtube …)
– A Teleformación cooperativa, con 16 cursos realizados e 385 beneficiarios
– Os Premios á Cooperación
– O Certame do Cooperativismo no Ensino
– Encontro de Cooperativismo: Sostenibilidade e Innovación Social, 4 de xullo 2014 en A Coruña
– O Día do Cooperativismo Galego 2014