Dende a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan a seguinte formación en liña en industria 4.0 que dará comezo a finais de setembro, ten unha duración de 80 horas e é gratuíta (financiada con fondos públicos), o período de titorización extenderase ata o 15 de decembro :

Módulo: Creación de Empresas de Economía Social na Contorna 4.0

Obxetivo: Promover as oportunidades de creación de empresas de economía social na nova industria 4.0

Fai clic, para ver o Cartel anunciador e o Programa de Contidos :

Cartel ES – Cartel GA – Cartel PT

Módulos Formativos Economía Social e Industria 4.0

Deixámosvos tamén o link para a inscrición no curso: http://bit.ly/academia-laces-40

Esta acción fai parte do Proxecto LACES – Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social – enmárcase dentro do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Socias de Proxecto LACES:

USC – Agaca – EspazoCoop – Aesgal – Utad – TecMinho – In.Cubo – Adrave – Xunta de Galicia