#CorentenaActiva | Un proxecto da cooperativa Lémbrate
A cooperativa Lémbrate Unidade de Memoria, leva anos traballando coa poboación maior para promover un envellecemento activo e previr a dependencia.
Con esta iniciativa solidaria e baixo lema #CorentenaActiva queren animar aos maiores a non relaxar o seu ritmo de traballo durante o confinamento e facer un esforzo para manter a súa rutina saudable dende as casas.
O obxetivo é chegar ao maior número de persoas posibles, facendo incidencia naquelas que se atopan soas durante o confinamento.
Para elo proporcionan unha serie de consellos básicos sobre saúde integral, de fácil aplicación e sen necesidade de material adicional.
Continuar traballando nestas áreas é fundamental:
- Rutina
- Estimulación cognitiva
- Nutrición
- Exercicio físico
- Saúde e soño
Para consultar os consellos en cada área elaboraron este documento gráfico informativo, fai clic:
Proxecto solidario. #Corentena Activa
Máis información: visualiza a entrevista a Lémbrate Unidade da Memoria na TVG: acceso ao vídeo aquí