Coop57 Galicia, finanzas éticas a favor da Economía Social

Informe 1º semestre 2018

Na Unión de Cooperativas EspazoCoop apostamos por instrumentos financeiros éticos, somos entidade asociada a Coop57 SCC (cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios), e somos punto de información e asesoramento na comunidade como Coop57 Galicia, dende a nosa oficina en Vigo.

 

 

Damos conta a través deste informe da actividade realizada no 1º semestre de 2018 dando un repaso ás novas socias incorporadas, os préstamos concedidos, á actividade orgánica e á participación en redes e actividades divulgadoras :

 

>> NOVAS SOCIAS DE SERVIZOS

Incorporáronse á sección galega de Coop57 neste período :

FabSpace S.Coop.Galega | Cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro constituída en 2017 e localizable en Vigo, que ten por misión facilitar o uso de ferramentas dixitais para novos desafíos de coñecemento dentro do actual paradigma sociotecnolóxico, aberta á cidadanía na procura da democratización e empoderamiento tecnolóxico da mesma. A oferta da Cooperativa consta de servizos de formación, divulgación e asesoramento no apoio a proxectos colectivos autoxestionados que vinculen o tecnolóxico co
comunitario desde unha óptica participativa. A Cooperativa tamén deseña e constrúe pezas, e usa e reutiliza maquinaria dixital. A súa actividade e a consecución da súa misión pretende facilitala a longo prazo, a través da posta en marcha e consolidación en Galicia dunha rede de espazos colaborativos de maquinaria para a construción dixital, cuxo primeiro integrante é o FabLab de Vigo.  A súa base social está conformada neste momento por tres persoas socias traballadoras. Máis info : www.fablabvigo.org

O número de socias de servizos ao final do período en Coop57 Galicia é de 35.

>> NOVAS SOCIAS COLABORADORAS

Neste período referenciado do informe produciuse a alta de catro novas socias colaboradoras. Coop57 Galicia termina o semestre cun total de 148 socias colaboradoras.

>> PRÉSTAMOS CONCEDIDOS

Neste período aprobáronse por parte da Sección Territorial un total de 7 novas operacións de préstamo por un importe total de 193.000,00 €. Cinco préstamos son a curto prazo e dous a longo prazo.

Detalle dos préstamos aprobados :

Arbore da Vida Celta, S.Coop.Galega Tipo de préstamo : Préstamo a longo prazo Período de amortización : 48 meses, sendo 6 de carencia
Fin : Financiar investimentos en mellora das instalacións e gastos normais de funcionamento da Cooperativa Cantidade : 12.000,00 €

FabSpace, S.Coop.Galega Tipo de préstamo : Póliza de Credito Período de amortización : 12 meses Fin : Financiar os gastos normais de funcionamento da Cooperativa
Cantidade : 16.000,00 €.

Numax, S.Coop.Galega Tipo de préstamo : Póliza de Credito Período de amortización : 12 meses Fin : Financiar os gastos normais de funcionamento da Cooperativa
Cantidade : 70.000,00 €.

Rexenerando, S.Coop.Galega Tipo de préstamo : Préstamo a longo prazo Período de amortización : 60 meses, sendo 12 de carencia Fin : Financiar novos proxectos de actividades e gastos normais de funcionamento da Cooperativa Cantidade : 30.000,00 €.

Asociación SOS Racismo Galicia Tipo de préstamo : Póliza de Credito Período de amortización : 12 meses Fin : Financiar os gastos normais de funcionamento da Cooperativa Cantidade : 15.000,00 €.

Cidadania Rede de Aplicacións Sociais, S.Coop.Galega Tipo de préstamo : Póliza de Credito Período de amortización : 12 meses Fin : Financiar os gastos normais de funcionamento da Cooperativa Cantidade : 60.000,00 €.

7H, S.Coop.Galega Tipo de préstamo : Póliza de Credito Período de amortización : 12 meses Fin : Financiar os gastos normais de funcionamento da Cooperativa
Cantidade : 20.000,00 €.

Se refinanciaron de forma temporal as condicións de amortización dos préstamos da cooperativa Tagen Ata e da asociación Viraventos, co fin de adaptalas ás previsións de liquidez e de actividade económica. Neste período se amortizaron préstamos aprobados en anos anteriores, pertencentes ás cooperativas Cidadania e 7H.

>> Desde o inicio da súa actividade en 2009, Coop57 Galicia aprobou 63 préstamos por un total de 1.904.050,00 €.

>> ÓRGANOS SOCIAIS

Nas reunións de Coop57 Galicia deste período, a Comisión Social acordou incorporar 3 novos membros, co fin de fortalecer a mesma, que pasa a estar integrada por 7 persoas.

Tamén, decidiuse traballar para mellorar as cifras de anos anteriores en canto á incorporación de socias de servizos e socias colaboradoras, a través da implicación das actuais socias de servizos para que cada unha asocie a 1 nova socia. Consíderase fundamental para este obxectivo a colaboración de EspazoCoop, como unha das redes de economía social máis importante de Galicia.

E acordouse estudar, por parte do Consello de Sección, a viabilidade de implantar unha ferramenta telemática que facilite e mellore a asistencia da base social nas reunións das asembleas de sección.

>> PARTICIPACION EN REDES E ACTOS SOCIAIS

– Acto de presentación do “Foro pola Economía Social Galega” – Santiago de Compostela – Marzo 2018. Organizado polo Foro ES Galega.

– Xornada “O valor social do diñeiro : Finanzas Responsables” – Santiago de Compostela – Abril 2018. Organizada por EspazoCoop.

– 3º Encontro de Economía Social e Solidaria de Galicia – Lugo – Abril 2018 : Organizado por REAS

– Xornadas de Coop57 Asturies – Abril 2018 : Co fin de impulsar o proceso de constitución e posta en marcha da Sección Territorial, representantes de Coop57 Galiza foron invitadas ás mesmas co fin de divulgar a experiencia da Sección Territorial, vinculada a devandito proceso, e a traxectoria da mesma en canto á evolución do modelo organizativo, de base social e de xestión da actividade.

 

Coop57 Galicia | Rúa Taboada Leal, 15 entresollado. Vigo

986 866 149 – 673 524 739 | galicia@coop57.coop | web Coop57 Galicia