Coop57 Galicia convoca unha reunión da súa Asemblea, será o sábado 13 de febreiro, na cidade de Pontevedra ás 10.30 horas. Celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra, no 1º andar, Seminario 3, que está na Rúa Alexandre Bóveda s/n.

Van a tratarse temas como :

– Presentar as entidades beneficiarias de préstamos na actualidade

– Informar dos préstamos vivos

– Abordar o Plan de Traballo para 2016

– Renovar persoas nos distintos órganos sociais (consello, comisión social, comisión técnica, grupo de comunicación, e representantes no consello reitor da cooperativa)

– Elixir persoas delegadas da sección galega para participar na Asemblea Xeral da cooperativa en Barcelona o 20/02/16

 

UGACOTA é socia de servizos de Coop57 Galicia, polo que estará participando nesta Asemblea.

 

Máis información:

Coop57 Galicia, Servizos Financeiros Éticos e Solidarios

Telf. 986 89 65 26 – 673 524 748

galicia@coop57.coophttp://www.coop57.coop